O Concello pediralle a Fomento que arranxe os tramos viarios da súa competencia

O Ministerio non actuou malia ter sido comunicada esta circunstancia hai máis de tres anos

O concelleiro Xan Duro, encargado de dar conta hoxe dos acordos da Xunta de Goberno anunciou en rolda de prensa que o concello requirirá ao Ministerio de Fomento para que arranxe os pavimentos das vías de servizo da estrada N-550, ao seu paso polas parroquias de Enfesta e Marantes.

Xan Duro tamén informou que se aprobou a reparación urxente a acometer na marquesiña de vidro da avenida de Xoán XXIII.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O edil tamén deu a coñecer as intervencións que se realizarán nos pasos de peóns da cidade para evitar accidentes.

Xan Duro tamén comunicou que se procedeu a tapiar as casas abandonadas da rúa de Roláns na Volta do Castro e a limpar o seu entorno.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -