Home Programas Área Compostela O concello paga máis de 138.000 euros en horas extras pola falta de traballadores

O concello paga máis de 138.000 euros en horas extras pola falta de traballadores

0
O concello paga máis de 138.000 euros en horas extras pola falta de traballadores

A denominada popularmente Lei Montoro que impide ás administracións locais cubrir os postos de traballo necesarios para ofrecer servizos á cidadanía está a aumentar o gasto en horas extras no concello de Santiago. Segundo informou en rolda de prensa o alcalde da cidade, Martiño Noriega, a Xunta de Goberno tivo que aprovar na reunión de hoxe o pago de horas extraordinarias dos traballadores municipais por unha cantidade que supera os 138.000 euros que correspondería unicamente  aos meses de setembro, outubro e novembro e de 2016.

Martiño Noriega: “É un sen sentido que os Concellos non poidan contratar novo persoal”

Martiño Noriega explicou que estes servizos se teñen que dar polo que a Lei Montoro perxudica o normal funcionamento da propia administración municipal. Neste sentido lembrou a petición de poder empregar o superavit municipal para a contratación de persoal.

Outros asuntos da Xunta de Goberno Local

Na mesma comparecencia diante da prensa o alcalde anunciou que se adxudicaron varios postos da Nave 5 da Praza de Abastos

Por último informou que a Xunta de goberno aprobou a renovación de autobuses da liña P6 do transporte colectivo urbano de viaxeiros que presta a empresa Autos Carballo.