Home Programas Área Compostela O Concello obriga á empresa que actuou en Montero Ríos a corrixir defectos

O Concello obriga á empresa que actuou en Montero Ríos a corrixir defectos

0
O Concello obriga á empresa que actuou en Montero Ríos a corrixir defectos

Con estes días de choiva o concello detectou algúns defectos na actuación de humanización da rúa de Montero Ríos polo que non asinou hoxe a recepción das obras, tal e como estaba previsto. O concelleiro responsable de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, explicou en rolda de prensa cales eran estas deficiencias.

O edil explicou que empresa construtora ten agora un prazo de 15 días laborables para corrixir os erros, antes de que a actuación sexa recibida polo Concello.

Na inspección das obras os técnicos municipais detectaron defectos na calidade de execución das papeleiras da rúa e denunciaron o mal estado das placas identificativas de tapas e arquetas que tamén deberá substituir a empresa antes de entregar a obra ao concello.

“Avanzamos no calmado do tráfico no Ensanche”

O propio Jorge Duarte quixo resaltar a vontade do executivo municipal de levar a cabo propostas para calmar o tráfico no Ensanche compostelán