Comezan os trámites para a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Compostela. O Concello fará dúas mudanzas puntuais nos ámbitos da Finca do Espiño e o antigo Colexio Peleteiro, co obxectivo de “mellorar a súa ordenación urbanística e adaptala ás necesidades actuais”.
Comezan os trámites
O Goberno cumpre o compromiso adquirido en maio de 2017
En ambos dous casos, apóstase por incrementar a superficie destinada á construción de vivendas, das cales alomenos o 20% será “vivenda protexida en réxime de alugueiro”.
No tocante ao Colexio Peleteiro, esta actuación permitirá “favorecer o pequeno comercio local” no centro da cidade, no canto de fomentar a construción de novos centros comerciais na zona do Ensanche. Pola súa banda, o proxecto da Finca do Espiño ten como obxectivo “preservar a singularidade paisaxística” da contorna.