O Concello rexeitou na Xunta de Goberno os recursos de reposición interposostos polas empresas concesionarias da canteira de Miramontes, xa que “están pendientes os informes da Xunta de Galicia”, como explicou hoxe a primeira teniente da alcaldía, María Rozas. Tamén aproveitou para lembralle á Xunta que ten que poñerlle unha solución xa a esta situación de descontrol, “que ven de loxe e é moi grave”.
A Xunta de Goberno acordou hoxe rexeitar os recursos de reposición interpostos pola asociación ambiental ADIANTIUM e a empresa Tecnosolos Galaicos contra os acordos adoptados polo Executivo para revogar a licenza de obras e de actividade da canteira de Miramontes, na parroquia da Grixoa.
No pasado mes de xullo, a Xunta de Goberno acordou sobreseer o procedemento de revogación da licenza de obras da canteira de Miramontes “ante o perigo de que o expediente caducara antes de que a Xunta pechara as accións que tiña en marcha en relación á mesma planta”.