O Concello liquida, definitivamente, o contrato dos servizos da ORA e o guindastre

Raxoi rexeita as alegacións de Setex e aproba a liquidación do contrato

Novos pasos de cara a remunicipalización do servizo da Ora e do Guindastre. Tras máis de dous anos, semella que o conflito chega xa ao seu punto e final. O Concello ven de rexeitar as alegacións de SETEX e aproba a liquidación do contrato coa empresa; declarado nulo por sentenza xudicial.

Unhas contas que deixarán unha importante cantidade de diñeiro no Concello

Deste xeito, tal e como informou esta mañá María Rozas, Setex deberá abonarlle ao Concello, en concepto de indemnización por danos e perdas, algo máis de 600.000 euros. A esta cantidade habería que restar 337.000€ que o Concello deberá abonarlle á empresa en execución da xa coñecida sentenza xudicial de maio de 2016

Os parquímetros

E tamén semella que se rematan as dúbidas sobre a titularidade dos parquímetros pois a iquidación tamén estima que os bens e equipos deben reverter ao Concello.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego