Raxoi lanza unha web para mellorar a xestión de residuos

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, informou en rolda de prensa sobre o problema cos vertidos ilegais e sobre o desenvolvemento dunha ferramenta que pretenda informar aos cidadáns dos puntos máis cercanos para botar os residuos.

O portal está na dirección ondeotiro.santiagodecompostela.gal

Desenvolveuse un traballo de discreta vixilancia para evitar os vertidos ilegais na cidade. O concelleiro manifestou a importancia de que os cidadáns empreguen os puntos limpos e cumpran coas normas establecidas para depositar os residuos.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego