O Concello investirá máis de 3,3 millóns de euros do superávit en obras no rural e a cidade

Desde Raxoi alertan que terán que pagar máis de 1,3 millóns de euros polas "desfeitas de gobernos anteriores"

O concello tivo un superávit no exercicio de 2016 de 7,5 millóns de euros. A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, explicou en rolda de prensa que desa cantidade o goberno municipal decidiu dedicar 3,3 millóns de euros para obras na cidade e no rural.

- Publicidade -

María Rozas explicou que aínda seguen pagando as desfeitas de gobernos anteriores en forma de sentenzas. Por este motivo a edil explicou que se destinarán 1,4 millóns de euros a pagos pendentes que se sumarán aos 3,5 millóns de euros que xa se pagaron en sentenzas o ano pasado.

Asmáis de 20 obras que se realizarán responden, ademais de a acordos co BNG e PSOE, a demandas veciñais e acordos plenarios. Entre elas figuran obras de accesibilidade solicitadas pola veciñanza das rúas Santas Mariñas e A Estrada, reparación de viarios en todo o municipio, obras de mellora en varios centros socioculturais do rural como Grixoa, Bornais ou A Peregrina.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego