
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe as bases da convocatoria de subvencións para a mobilización de vivendas en alugueiro.
As axudas municipais para a mobilización de vivendas en alugueiro permitirá cubrir a metade dos gastos de pequenas reparacións e acondicionamiento dos pisos, o custo do certificado de eficiencia enerxética e unha cantidade similar á do imposto de bens inmobles. Estas subvencións pretenden incentivar que a propiedade poña as súas vivendas baleiras a disposición das familias, apartándose do uso turísitco.
Arquivo: Desde Raxoi apostan por facilitar o acceso a unha vivenda digna
Axudas estatais
Ademais, Jorge Duarte tamén se referiu á solicitude das axudas do Plan Estatal de Vivenda para o período 2018-2021, correspondentes ás Áreas de Rehabilitación Integral. O Goberno acordou solicitar un total de 10’4 millóns de euros para o periodo de vixencia do plan. Deste xeito, o concelleiro Jorge Duarte tamén amosou o seu desexo de que a solicitude do Concello sexa antendida despois de que o ano pasado se concederá só a metade da cifra solicitada para as Aris.