O Concello impulsa unha campaña de concienciación para a recollida dos excrementos dos animais

Unha campaña de concienciación impulsada polo Concello anima aos donos dos animais a recoller os seus excrementos nos espazos públicos da cidade. A responsable de Benestar Animal, Noa Morales, salientou hoxe a finalidade desta iniciativa.

- Publicidade -

No marco desta campaña, instalaranse sinais nos espazos da cidade nos que se detectou algún problema relacionado coa falta de recollida dos excrementos dos animais. Así mesmo, distribuiranse carteis informativos por toda a cidade. Esta campaña complétase cunha revista da que se tiraron 30.000 exemplares.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego