O concelleiro de Medioambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe en rolda de prensa o proxecto de colaboración para sinalizar as árbores e por en valor a cultura da nosa cidade. No acto estiveron tamén presentes a vicepresidenta de Alumni USC, María Julia Melgar e o responsable do aserradoiro de Finsa, Ismael Oliveira.
.@xanduro presentou este proxecto que pretende a veciñanza poida "gozar e coñecer mellor o pulmón da cidade” https://t.co/XyqW7yGPyN pic.twitter.com/ngt5tfzlg3
— Nós Televisión (@NosTelevision) 28 marzo 2017
A vicepresidenta de Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) falou das dificultades para conservar estes valores e tamén da necesidade de rendir unha homenaxe á cidade de Compostela.
A Asociación de Antigos Alumnos da @UniversidadeUSC tamén falou do proxecto de sinalización das árbores emblemáticas https://t.co/XyqW7yGPyN pic.twitter.com/IPNxdmI8We
— Nós Televisión (@NosTelevision) 28 marzo 2017
Para Xan Duro, este proxecto “pretende que toda a veciñanza poida gozar máis e coñecer mellor o que é o auténtico pulmón da cidade”.