O Concello fará “importantes melloras” no pavillón deportivo do CEIP Apóstolo Santiago

Haberá importantes melloras no pavillón polideportivo do CEIP Apóstolo Santiago, que suporán un investimento duns 300.000 euros

As obras que se acometerán no pavillón polideportivo do CEIP Apóstolo Santiago suporán un investimento total duns 300.000 euros. A concelleira de Deporte, Noa Morales, explicou en rolda de prensa as actuacións que se levarán a cabo.

As obras do pavillón do Apóstolo Santiago contarán cun investimento de 300.000 euros


Noa Morales sinalou que as actuacións que se levarán a cabo inclúen a mellora dos accesos dende o exterior, que permitirá comunicar de forma directa coa bancada do público. A maiores cubriranse estes accesos con marquesiñas para a protección do frío e a choiva. Tamén se eliminarán as filtracións de auga mediante a reparación de parte da cuberta do edificio

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Estas obras no pavillón do Apóstolo Santiago terán unha duración aproximada de catro meses, aínda que actualmente atópanse aínda en fase de licitación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -