A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asinou dous convenios con entidades que poden asesorar ás persoas que estean en trámite de desafiuzamento. Neste caso foron o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Santiago, representados polos seus respectivos decanos, María Rosa Álvarez e Evaristo Nogueira.
No caso do Colexio de Avogados, desenvolverase un programa piloto de asesoramento xurídico para casos de desafiuzamento como explicou Evaristo Nogueira. Pola outra banda, o convenio co Colexio de Psicoloxía de Galicia está orientado ao desenvolvemento dun programa piloto de intervención psicolóxica en casos de desafiuzamento. Explicouno María Rosa Álvarez.
Tamén pola mañá no Pazo de Raxoi o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, Noa Morales, mantiveron un encontro con membros do Club de Cans “Só lles falta falar” coa que o Club quixo dar conta das actividades que teñen previstas para os vindeiros meses, moitas delas en colaboración co propio Concello.