O Concello envía unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza de Grixoa

Aumentaron os controis polo estado da auga malia que desde o Concello afirman que, no ámbito municipal, non se detectaron grandes problemas

O edil Xan Duro asegura que, no ámbito municipal, “non se detectaron problemas”. Así e todo, lembra que o Concello está á espera dos resultados das analíticas realizadas por Xunta e Seprona nas augas do Tambre.

A Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Santiago alertou no día de onte que durante as últimas semanas veñen observando un incremento preocupante da mortaldade piscícola no rio Tambre.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -