Home Programas Área Compostela O Concello e a Xunta asinan un convenio para a mellora dos tramos do Camiño de Santiago

O Concello e a Xunta asinan un convenio para a mellora dos tramos do Camiño de Santiago

0
O Concello e a Xunta asinan un convenio para a mellora dos tramos do Camiño de Santiago

O Concello de Santiago, xunto coa Xunta de Galicia, asinan o convenio no Museo das Peregrinacións para mellorar os tramos urbanos do Camiño de Santiago. O obxectivo é planificar e executar as obras no Camiño Francés, o Portugués, o Inglés e o da Plata. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, insistiu na idea do Camiño como elemento que posibilita a unión do País máis alá de ideoloxías.

Nesa mesma liña manifestouse o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, falou, ademais, das obras que se levarán a cabo.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixo fincapé na idea da nosa cidade como referente internacional e polo tanto, na necesidade de levar a cabo estas melloras que, en definitiva, eran unha tarefa pendente das institucións.

O Camiño, une


A Xunta de Galicia destinará 4,2 millóns de euros e as obras estarán rematadas, tal e como se dixo desde a Xunta e o Concello, en 2020.