Home Programas Área Compostela O Concello e a Revista Luzes homenaxean a Fermín Bouza Álvarez

O Concello e a Revista Luzes homenaxean a Fermín Bouza Álvarez

0

O compromiso coa lingua, a referencialidade e sobre todo a súa parte máis humana, levaron ao Concello de Santiago e á Revista Luzes a organizar unha homenaxe a unha das figuras que cómpre non esquecer: Fermín Bouza Álvarez. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, explicou que Raxoi non se pode facer a un lado xa que, en palabras súas, a nosa cidade é “a Compostela de Fermín”.

“Fermín Bouza está morto, sí, pero é un morto inconformista” Martiño Noriega, Alcalde de Santiago, lembrou as palabras de manolo rivas sobre fermín bouza

Na rolda de prensa participou o co-director da revista, Xosé Manuel Pereiro, e explicou en que consistirá a homenaxe  que se celebrará o día 12 de febreiro no Teatro Principal desde as doce do mediodía.

somos ferministas
Preme na imaxe para ampliar o cartaz da homenaxe

No acto haberá, por unha banda, numeras intervencións protagonizadas por Amada Traba, Ana Cuña, Antón Baamonde, Antón Losada, Antón Patiño, Xosé Manuel Beiras e a viúva do do propio escritor, Carmen Pena. Por outra banda, tamén haberá música e poesía pois participarán Eladio dos Santos, Luís Emilio Batallán, Miro Casabella ou Dores Tembrás. “Aquela Compostela de Fermín“, unha entrevista do xornalista Xuso Iglesias con Fermín Bouza Álvarez tamén será proxectada na propia homenaxe.

Unha figura que non está valorada como se debera

En resposta á prensa, o co-director da revista Luzes indicou que, na súa opinión, a figura do homenaxeado non está todo o valorada nin recoñecida que debera tendo en conta a transcendencia que este sociólogo tivo e ten para Galiza