O Concello destinará 360.000 euros a bolsas de comedor, actividades extraescolares e material escolar, unha cantidade igual á do ano pasado e case o triplo que o orzamentado para o exercicio do 2015. A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa a convocatoria de bolsas. Esta convocatoria de bolsas pretende reducir ao máximo posible a documentación a presentar polas persoas solicitantes.
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa a convocatoria de bolsas pic.twitter.com/Xjtn9pJUnW
— Nós Televisión (@NosTelevision) 22 maio 2017
O prazo de presentación das solicitudes nesta convocatoria de bolsas será de 15 días hábiles, contados dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia.