As diversas obras que se acometerán nos centros de ensino públicos de Compostela contarán cun investimento que supera os 300.000 euros. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, explicou esta mañá as obras que se levarán a cabo nun total de 13 centros públicos.
Cómpre sinalar que este investimento inicial de 300.000 euros podería superar neste verán a cantidade de 500.000 euros debido ás actuacións realizadas en colaboración coa Consellería de Educación no CEIP das Fontiñas e no Rodríguez Xixirei, nas que ademais participará tamén a concellería de Medio Rural.
Apóstolo Santiago
Manuel Dios deu conta de que no CEIP Apóstolo Santiago tamén se realizarán “obras menores” e, entre as partidas previstas para realizar durante este verán tamén está o traslado do material da Escola Municipal de Música ante o “inminente cambio” ao edificio da Escola de Altos Estudos Musicais