Home Programas Área Compostela O Concello destina 150.000 euros para subvencionar proxectos e actividades culturais

O Concello destina 150.000 euros para subvencionar proxectos e actividades culturais

0
O Concello destina 150.000 euros para subvencionar proxectos e actividades culturais

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, deu conta este xoves da concesión por parte do Concello de Santiago dunha convocatoria plurianual de subvencións a proxectos e actividades culturais. Para este fin destinaranse 150.000 euros, dos cales haberá unha partida de 100.000 para empresas privadas e outra de 50.000 para entidades sen ánimo de lucro.

Deste xeito, os proxectos presentados poderán optar a unha achega que financie até o 80% do custo total, sempre e cando a contía non supere os 15.000 euros no caso das empresas ou os 5.000 en relación ao segundo apartado deste concurso público. As bases da convocatoria están xa dispoñíbeis na web da concellaría de Acción Cultural.