
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, compareceu en rolda de prensa para explicar as actuacións do actual goberno municipal para rematar outro dos problemas herdados do pasado: a permuta asinada no ano 2005 polo goberno de Xosé Sánchez Bugallo para recibir unha entreplanta de 426 metros cadrados na rúa de Xeneral Pardiñas a cambio dos terreos públicos para construír o actual edificio dos sindicatos.
Un novo problema herdado dos gobernos anteriores
Desde Raxoi reclaman a nulidade da hipoteca da entreplanta municipal do inmoble de Xeneral Pardiñas asinada no 2008
Os sucesivos despropósitos continuaron polo retraso en presentar demnada, a primeira foi do 2010, e a inexplicable nula intervención contra a entidade bancaria. O alcalde explicou que o Concello optou agora por unha nova vía xurídica ao presentar accións contra o banco.
Reposta sobre a contratación dun novo avogado para este caso
“Esta contratación supón unicamente 2.500€ fronte os centos de miles de euros que se pagaban anteriormente”
Martiño Noriega tamén explicou que o concello aforrará na interposición da solicitude de medidas cautelares dirixidas a suspender a tramitación da poxa xudicial posto que o importe dos honorarios do avogado serán de 2.500 euros a diferenza dos “centos de miles de euros que custaba a asesoría xurídica externalizada que tivo o Concello de Santiago ata este ano“.
O banco acutou de mala fe e, inexplicablemente, os gobernos anteriores non fixeron nada
Así resume @martinhonoriega todo o sucedido no inmoble de Xeneral Pardiñas. Toda a información, nesta ligazón ???https://t.co/jIhJyqQt8L pic.twitter.com/MtZRyIuuZv
— Nós Televisión (@NosTelevision) 19 de julio de 2017