A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, defendeu hoxe diante dos medios de comunicación a xestión que está a realizar o seu departamento no funcionamento dos Centros Cívicos. “Fixemos un traballo proactivo”, sinalou “tendo en conta que é a primeira vez que se tenta ordenar a rede de Centros Cívicos da cidade”.
A edil explica que “é un tema complexo pola propia estrutura da rede que reúne a 47 Centros Cívicos nos que a empresa concesionaria xestiona case 30.000 horas de actividades trimestrais”. En todo caso salienta a importancia que teñen estas instalacións, sobre todo nas parroquias do rural.
Apoio ante as demandas do persoal
A concelleira quixo remarcar o seu apoio aos traballadores e traballadoras lembrando que “desde xuño xa tivemos catro xuntanzas”. Ademais, a propia Concha Fernández lembrou que xa hai 12 sentenzas contra o concello por cesón ilegal de traballadores realizadas polos anteriores goberno de Raxoi. “O anterior contrato tiña 12 persoas subrogadas agora hai 52”, apunta a concelleira.