Home Programas Espazo Aberto O concello de Touro érguese en defensa do seu Centro de Saúde

O concello de Touro érguese en defensa do seu Centro de Saúde

0
O concello de Touro érguese en defensa do seu Centro de Saúde

“Esta semana non vai estar, a que vén tampouco, de momento non hai substituto e non hai máis que un médico para todo o concello“. Así se escoitaba falar a unha das persoas concentradas na mañá deste mércores diante do Centro de Saúde de Touro. O deterioro na atención primaria comezou anos atrás coa redución do servizo de pediatría a unha frecuencia de tan só dous días á semana. Unha situación que se agravou nos últimos mesescoa baixa da pediatra que non foi cuberta debidamente polo SERGAS. As crianzas do concello de Touro téñense que desprazar ás localidades veciñas de Arzúa ou Compostela.

A xubilación dun dos dous médicos de familia que hai no centro de saúde agravou a situación para as veciñas e veciños de Touro. Esta praza vacante foi cuberta con persoal interino, e ante a súa baixa, o servizo sanitario foi atendido por tan só un facultativo. A plataforma denuncia un abandono e reclaman o restablecemento inmediato do servizo de pediatría e que as baixas sexan cubertas de inmediato.