Home Programas Área Compostela O Concello de Teo insta á Xunta a reducir a velocidade fronte ao CEIP da Ramallosa

O Concello de Teo insta á Xunta a reducir a velocidade fronte ao CEIP da Ramallosa

0
O Concello de Teo insta á Xunta a reducir a velocidade fronte ao CEIP da Ramallosa

Foi aprobada recentemente e por unanimidade unha moción do BNG na que se insta á Xunta a cambiar o paso de peóns para o novo acceso ao CEIP da Ramallosa e ao pavillón, a converténdoo nun paso sobreelevado e a reducir a velocidade máxima no tramo que vai desde a rotonda que da acceso ao colexio até o edificio do Concello

Conversamos o pasado luns co portavoz municipal do BNG en Teo, Manuel Anxo Fernández Baz. A estrada Santiago-A Estrada, de titularidade e competencia da Xunta de Galicia, pasa á beira do CEIP da Ramallosa sen contemplar medida algunha de seguridade viaria como correspondería a unha zona escolar.