No día de hoxe, celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Mulleres, unha xornada que reivindica a igualdade real e efectiva na nosa sociedade. É por isto que os partidos políticos e as institucións públicas deben unirse non só hoxe, senón todo o ano, proporcionando tódalas medidas e accións que estean ao seu alcance. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, foi a encargada da lectura da declaración institucional acordada por tódolos grupos políticos. O obxectivo, lembrar que o camiño por percorrer na loita pola igualdade de xéneros é longo.
Marta Lois deu lectura á Declaración Institucional do Concello de Santiago
.@MLoisgonzalez foi a encargada de ler a Declaración Intitucional do @PazodeRaxoi neste #8demarzo https://t.co/wkEjcDK5IN pic.twitter.com/NjpdieodZ5
— Nós Televisión (@NosTelevision) 08 marzo 2017
“Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista en diálogo con Erín Moure” é o ensaio gañador do I Premio Xohana Torres
“Corpos exorbitantes” de @reimondez foi o ensaio gañador do “I Premio Xohana Torres” https://t.co/wkEjcDK5IN pic.twitter.com/61ipAZKFl8
— Nós Televisión (@NosTelevision) 08 marzo 2017
No marco das actividades con motivo deste día, concedeuse, esta mañá, o I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual. O galardón recuperouse este ano e mantén a esencia da reivindicación da memoria histórica das mulleres de Compostela. O ensaio gañador foi “Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista en diálogo con Erín Moure”, da autora María Reimóndez.
O acto estivo dirixido pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, e tamén contou coa intervención do vicerreitor de Comunicación, Xosé Pereira, así como de Andrea Ellacuría Torres, a filla da muller que lle dá nome ao galardón.
Rematar xa coa violencia machista!
Puxo o peche a este I Premio o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que salientou a necesidade dunha loita tódolos días do ano. Tamén manifestou a súa repulsa pola manifestación máis extrema da desigualdade, esa lacra que ataca a diario e que acaba coa vida de tantas mulleres. A violencia machista. En palabras de Noriega, estamos nunha guerra.
.@martinhonoriega tamén falou hoxe na entrega do “I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual” https://t.co/wkEjcDK5IN pic.twitter.com/6Ep0Kjeo3j
— Nós Televisión (@NosTelevision) 08 marzo 2017
Ademais do gañador, presentáronse tres traballos máis na categoría de ensaio: As irmáns Fandiño ricart, a locura como mecanismo de resistencia; Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus; e Mulleres que romperon co seu destino: pioneiras compostelás nas ciencias experimentais. Na modalidade do audiovisual, non se achegou ningunha proposta.