O Pleno Municipal ordinario celebrado onte no Pazo de Raxoi debateu, entre outros asuntos, unha moción presentada por Compostela Aberta en defensa da Autonomía Municipal e da posibilidade de remunicipalizar a xestión de servizos públicos.
O Concello de Santiago “presionará” para defender a autonomía local fronte o Estado malia todas as dificultades https://t.co/N4BtooE7Af pic.twitter.com/aIt7CAZ3Mr
— Nós Televisión (@NosTelevision) 28 abril 2017
A moción aprobouse cos votos a favor de Compostela Aberta e BNG
A moción aprobada implica que o concello de Santiago rexeite o intento de interferir na autonomía municipal do Estado e tamén que solicite á Federación Española de Municipios e Provincias e aos grupos con representación nas Cortes que rexeiten a Disposición Adicional Vixésimo Sétima da Lei dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017.