O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia e secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, anunciou en rolda de prensa que o Concello vai a actuar en 13 parroquias de Santiago para realizar obras de pavimentación nos viarios.
Na mesma rolda de prensa sinalou que o Concello está a traballar para modificar a regulación da venda de artesanía na rúa con vistas a poder ter unha nova o vindeiro 1 de abril.
Desde Raxoi traballan nunha modificación da regulación da venda de artesanía na rúa https://t.co/9Oe0OtuHLv Explicouno hoxe @xanduro pic.twitter.com/IBJyhtip1v
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 xaneiro 2017
O edil tamén informou de que o Concello adxudicou o contrato de conservación e reparación de diversos edificios e instalacións municipais por un importe de 630.000 euros.