Home Programas Espazo Aberto O Concello de Santiago recoñece que as estatísticas sobre o turismo na cidade son “irreais”

O Concello de Santiago recoñece que as estatísticas sobre o turismo na cidade son “irreais”

0
O Concello de Santiago recoñece que as estatísticas sobre o turismo na cidade son “irreais”

 

Un ano máis, a cidade de Compostela volveu acadar máximos históricos nas pernoctacións dos establecementos hoteleiros da cidade cun número total de 1.466.282 estadías no 2019. O récord tamén se situou no número de peregrinos e peregrinas que percorreron o ano pasado o Camiño de Santiago cun crecemento do 6 por cento con respecto ao 2018. Por último, a urbe compostelana chegou ao máximo histórico no número de pasaxeiros e pasaxeiras que chegaron á cidade en avión cunha suba do 6,5 por cento. En base a estes datos, segundo o concelleiro de Turismo, “as perspectivas para o 2020 son positivas e confiamos alcanzar novos máximos históricos”.

Ante isto, Sindo Guinarte, recoñece que os datos seguramente sexan maiores. As estatísticas non teñen en conta o número de vivendas de uso turístico que irromperon na cidade, forzando á suba de alugueres ata un 14 por cento. Dende a Xunta, teñen rexistradas 626 vivendas turísticas pero todo apunta a que serían máis. Polo de agora, e ás portas do Xacobeo 2021, o Concello non presentou ningún plan para controlar o turismo que aposta por esta opción á hora de pasar as súas vacacións na cidade de Compostela.