Home Programas Área Compostela O Concello de Santiago propón modificar o PXOM da parcela do vello Peleteiro

O Concello de Santiago propón modificar o PXOM da parcela do vello Peleteiro

0
O Concello de Santiago propón modificar o PXOM da parcela do vello Peleteiro

A modificación do PXOM que propón o Concello de Santiago para o vello colexio do Peleteiro xorde por dous problemas fundamentais, consideran que non hai suficiente espazo público de calidade e como isto lle afecta ao comercio local. Os cambios no ordenamento pretenden evitar a creación dunha gran superficie comercial no Ensanche e, para iso, queren limitar o uso comercial a 3.500 metros cadrados, sempre en planta baixa, seguindo a proposta para o conxunto do Ensanche.

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, salienta a aposta por un volume edificado menos agresivo e máis integrado e coherente cos edificios xa existentes no contorno das rúas San Pedro de Mezonzo e Xeneral Pardiñas. Por outra parte, tamén a aposta pola introdución da vivenda protexida en pleno centro da cidade.