Un defecto de forma na entrega da documentación na convocatoria de axudas a festivais audiovisuais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) deixou fóra das mesmas a eventos tan importantes como o Festival de Cans, Curtocircuíto, o Festival de Cinema Fantástico da Coruña, Cineuropa e a Primavera do Cine de Vigo.
Cineuropa, entre os festivais afectados
No caso compostelán a concelleira María Rozas explicou o sucedido e anunciou que presentarán alegacións para recuperar as axudas.
Nesta edición presentaron a documentación electronicamente e obtiveron axudas o Play-Doc de Tui, a Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, o Festival Internacional de Curtas de Bueu e o Festival do Carballiño (Xociviga 2017).
Desde o Agadic o seu director, Jacobo Sutil, explica que nas bases da convocatoria expresábase con claridade como tería que presentarse a documentación e asegura que estudarán as alegacións que presenten os festivais que non entraron nesta convocatoria.
Desde o AGADIC estudarán as alegacións pero aclaran que a convocatoria era “moi clara”
Falamos con Jacobo Sutil (director do AGADIC) sobre a exclusión de axudas a diversos festivais audiovisuais do país https://t.co/iLYw9xeWLf pic.twitter.com/RTpRnE2qCE
— Nós Televisión (@NosTelevision) 22 marzo 2017