A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo, Marta Lois, informou en rolda de prensa sobre as diversas actividades programadas para a vindeira semana santa. Esta rolda contou coa presenza do representante da Xunta de cofrarías, Salvador Froján. Marta Lois sinalou que estas actividades forman parte dunha programación transversal na que participaron os departamentos de Acción cultural e Turismo coa finalidade de convertir a nosa cidade nun destino turístico de referencia.
Desde o Raxoi apostan por unha programación diversa e transversal para esta Semana Santa https://t.co/0dQKqXZlqY pic.twitter.com/0CnxmC3T0s
— Nós Televisión (@NosTelevision) 23 marzo 2017
Salvador Froján destacou a ampla oferta musical programada para esta semana santa, que conta con diversos concertos que se levarán a cabo en localizacións como o Auditorio de Galicia, o Teatro Principal ou a Igrexa Bonaval.
Tamén destaca o tour gastronómico que se desenvolverá entre o mércores 12 e o sábado 15 cun percorrido histórico polo recinto do mercado de Abastos. Este percorrido contará cunha selección de productos tradicionais e cunha degustación de viño galego.