O concelleiro @xanduro e Marta Morán (@teimas) explicaron o obxectivo e o funcionamento desta campaña de recollida https://t.co/JUVbb6UYO7 pic.twitter.com/67SBK1DtH9
— Nós Televisión (@NosTelevision) July 4, 2017
No marco do programa Tropa Verde, o Concello de Santiago promove unha campaña que conta co lema “Longa vida aos teus aparellos electrónicos!” e que consiste na recollida de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos.
O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, explicou o funcionamento e os obxectivos da campaña, acompañado de Marta Morán (Teimas Desenvolvemento), Gonzalo Torralbo (Recyclia) e Alejo Calatayud (Revertia). Deste xeito, as e os veciños que leven os seus aparellos aos puntos de recollida se lles entregarán cheques de Tropa Verde cun código que deben introducir na web tropaverde.org.
Alejo Calatayud, responsable de comunicación de Revertia: “A mellor opción na xestión dos residuos é a reutilización”
Alejo Calatayud (@revertia) salientou a importancia da reutilización dos residuos na presentación da campaña https://t.co/JUVbb6UYO7 pic.twitter.com/FykUqXAI7e
— Nós Televisión (@NosTelevision) 4 de julio de 2017
Onde?
Os diversos puntos de entrega estarán situados en centros e locais socioculturais e en polideportivos. Haberá recollida nos centros de Fontiñas, Ensanche, Conxo, A Trisca, Vite, Villestro e A Casa Agraria de Meixonfrío. Tamén se poderán deixar os aparellos eléctricos e electrónicos na Casa das Asociacións de Benestar Social da Salgueiriños e na Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo. En canto aos espazos deportivos, serán punto de recollida o estadio de San Lázaro e os pavillóns do Restollal, Santa Isabel e Fontiñas.