Home Programas Área Compostela O Concello de Santiago plántalle cara aos eucaliptos

O Concello de Santiago plántalle cara aos eucaliptos

0
O Concello de Santiago plántalle cara aos eucaliptos

A tala e retirada de masa forestal na finca municipal de Lamas de Abade fíxose a petición de dous centros próximos: a escola infantil Raiola e a sede de Aspanaes. O que para o Partido Popular local foi unha “corta masiva e indiscriminada” de árbores, para o Concello de Santiago, foi unha corta por motivos de seguranza, tal e como o explicou en rolda de prensa o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña

“Non imos quedar aquí: continuaremos retirando eucaliptos”

Ademais, Rafa Peña engadiu que a intención do Concello é continuar retirando especies invasoras dos espazos municipais.

Outras obras

Rafael Peña tamén se referiu ás obras executadas na Alameda, e que permitiron remodelar o pavimento do Paseo dos Leóns e de parte do tramo da Ferradura.

A actuación realizouse en máis de 3.000 metros e nas obras utilizouse o material acordado pola Comisión Asesora de Cidade Histórica, e que xa antes fora empregado con bos resultados na costa de Santa Susana.