Home Programas Área Compostela O Concello de Santiago participa na denuncia de Fiscalía contra o vertedoiro de Miramontes

O Concello de Santiago participa na denuncia de Fiscalía contra o vertedoiro de Miramontes

0
O Concello de Santiago participa na denuncia de Fiscalía contra o vertedoiro de Miramontes

O Concello de Santiago abriu expediente de reposición da legalidade ás empresas da canteira de Miramontes. O propio goberno municipal reuniuse a semana pasada coa Plataforma que denunciou a situación desta canteira para solicitarlle que tomara medidas contra o que consideraban vulneración da legalidade. Explicouno o propio alcalde a Nós Televisión.

O goberno municipal, ademais, aprobou adherirse á denuncia que a propia Plataforma realizaou contra a empresa que xestiona a canteira a través da Fiscalía. Así é, as e os veciños denuncian que, malia os adiantos administrativos, a empresa segue a molestar á veciñanza. A Plataforma presentou hai dúas semanas unha denuncia na Fiscalía polas irregularidades na xestión dos residuos.