O Goberno de Santiago vén de recorrer ante a Audiencia Provincial de Madrid a sentenza que lle outorga á familia Franco a propiedade das estatuas do Mestre Mateo que o Concello acreditou ter comprado ao Conde de Ximonde no ano 1947.
O recurso de apelación presentado polo Concello fai unha crítica a tres dos argumentos da sentenza de primeira instancia: o que sinalaba que non quedara demostrada a entrega das estatuas ao Concello, o relacionado á identificación das pezas, e o que apela ao usucapión para determinar que as figuras pertencen aos Franco polo tempo transcorrido desde que están na súa posesión.