O Goberno de Santiago introducirá modificacións puntuais na Ordenanza de Terrazas. Deste xeito, o Pleno da Corporación debaterá o próximo día 19 a modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería, xa aprobada na Xunta de Goberno do pasado venres
Unha aposta por reducir a posibilidade de que as terrazas ocupen espazo público máis alá da fachada do local ao que pertencen
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade explicou que “o Goberno está traballando nunha modificación conxunta de ordenanzas municipais máis ambiciosa, para responder ao novo marco xurídico derivado da Lei de Emprendemento de Galicia, primeiro, e da Lei de Espectáculos Públicos, despois. Por iso hai que facer un estudo completo do marco municipal relacionado coas actividades”.