.@MLoisgonzalez presentou hoxe as as bases e a convocatoria de subvencións para o fomento de actividades en prol da igualdade no Concello pic.twitter.com/N3rRd2Nwt3
— Nós Televisión (@NosTelevision) July 3, 2017
As subvencións da Concellería de Igualdade contarán cunha contía máis elevada e con máis liñas de acción. A edil de Igualdade, Marta Lois, informou en rolda de prensa da convocatoria de subvencións para fomentar as actividades que promovan a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como a prevención da violencia de xénero.
A igualdade debe ser cousa de todos e de todas
O Concello de Santiago destinará a estas axudas unha partida de 27.500 euros, o que supón un aumento de 7.500 euros con respecto ao ano pasado. Cada asociación poderá optar a un máximo de 3.000 euros e poderán solicitar esta axuda para accións levadas a cabo entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 30 de novembro.