Xosé Sánchez Bugallo sacou adiante o orzamento “para tres meses de execución” tras conseguir o voto a favor do seu grupo e a abstención dos populares e dos nacionalistas, tendo só a Compostela Aberta en contra. Martiño Noriega lamentou que quedaran fóra das partidas os orzamentos participativos, entre outras, e incidiu en que durante o seu mandato, e por “pura estratexia electoral”, foran bloqueadas as contas.

Pola súa banda, Bugallo agradeceu a abstención de Bloque e populares, mentres que ao seu antecesor como alcalde, Martiño Noriega, indicoulle que “hai que afrontar a nova etapa política”. O orzamento do Concello, que incorpora un préstamo de 3 millóns de euros, é de case 109,88 millóns de euros e, sumadas as contas do Auditorio, Tussa e Incolsa, case alcanza os 113,23.

- Publicidade -