A través de un acordo acadado coa maioría das centrais sindicais, Santiago acaba de regular a carreira profesional e a avaliación do desempeño no Concelllo, convertíndose no primeiro municipio de Galicia e o segundo do Estado(despois do de Valencia) en facelo.
Defenden desde o goberno local que grazas a este aordo, o Concello avanza nunha administración municipal “máis eficaz, xusta e transparente coa veciñanza”. “Tras anos de recortes en dereitos e persoal este acordo permite avanzar en melloras laborais e nunha mellor evaluación do desempeño das traballadoras e traballadores públicos” destacou hoxe a edil de Facenda, María Rozas.
Entre as melloras nos dereitos do persoal municipal, o Concello comezará a valorar e recoñecer economicamente o esforzo do persoal municipal nunha situación de moi pouco persoal no Concello. O recoñecemento do desenvolvemento da carreira profesional, a madurez e a experiencia laboral do persoal municipal era unha demanda dos sindicatos municipais. O Concello desenvolverá un pioneiro sistema de obxectivos “que serán remunerados” e desenvolverá un regulamento específico.
Os tres sindicatos que participaron, CCOO, CIG e CSI-F, avaliaron moi positivamente a resposta do Grupo de Goberno Local, a pesar de ser algo que levan pedindo dende 2010. En particular, foi sorprendente a non participación da UGT e do Sindicato da Policía Local.
Ademáis da propia regulación, tamén se inclúen medidas como a convocatoria de concurso de xefaturas de negociado, a creación dun plan de igualdade (xa que o sector municipal de Compostela está moi feminizado), consideración dos sábados como festivos e a compensación do traballo nocturno reducindo o resto da xornada nun 25%. Calcúlase que a mellora afecta a máis de 700 empregadas.