Home Programas Área Compostela O Concello de Santiago acolle o proxecto ‘Maio, mes das Letras’ para celebrar o Día das Letras Galegas

O Concello de Santiago acolle o proxecto ‘Maio, mes das Letras’ para celebrar o Día das Letras Galegas

0
O Concello de Santiago acolle o proxecto ‘Maio, mes das Letras’ para celebrar o Día das Letras Galegas

As diversas actividades programadas para celebrar o Día das Letras Galegas xa comezaron a pasada semana e extenderanse ata o 31 de maio. Con esta iniciativa, ‘Maio, mes das Letras’, o concello de Santiago persegue o obxectivo de conmemorar ao que este ano se lle dedica o Día das Letras, Antonio Fraguas, e ao mesmo tempo procurar o interese de públicos diversos cara a literatura.

A programación está dirixida a todas as idades. Aqueles que queiran desfrutar deste ‘Maio, Mes das Letras’ poderán acudir a visitas guiadas e exposicións en diversos puntos da cidade. E para os máis cativos tamén están programas diversas actividades: animación á lectura, obradoiros e xogos.