Home Programas Espazo Aberto O Concello de Sada comparecerá no caso Meirás para converterse no “epicentro da recuperación da memoria histórica”

O Concello de Sada comparecerá no caso Meirás para converterse no “epicentro da recuperación da memoria histórica”

0
O Concello de Sada comparecerá no caso Meirás para converterse no “epicentro da recuperación da memoria histórica”

O Concello de Sada comparecerá no proceso xudicial iniciado pola Avogacía do Estado o pasado 10 de xullo que solicita a titularidade pública do pazo de Meirás. O alcalde, Benito Portela, agradece a loita dos colectivos sociais, especialmente os que traballan pola recuperación da memoria histórica, e o respaldo da Cámara do Parlamento Galega que, por unanimidade, solicitou a devolución do inmoble.

Benito Portela considera que, con este respaldo social, a demanda servirá para que Sada pase de ser “o epicentro da impunidade do franquismo” e se converta no “epicentro da recuperación da memoria histórica”.