O Concello de Rianxo insta á elaboración dun novo marco forestal galego para loitar contra os lumes

O alcalde, Aldofo Muíños, pon en valor o traballo das comunidades de montes no labor de prevención dos incendios forestais

Despois de que un lume calcinase máis de 850 hectáreas de monte en Rianxo e a súa contorna o pasado mes de marzo, o alcalde, Adolfo Muíños, ten claro que cómpre elaborar un novo marco forestal galego que atenda ás necesidades do territorio para previr os incendios forestais. Muíños tamén pon en alto valor o traballo das comunidades de montes con quen fan fincapé en todo o labor preventivo.

- Publicidade -