O Concello de Ordes emite un informe de compatibilidade urbanística desfavorable para o vertedoiro de Lesta

Os trámites para facer un vertedoiro en Lesta quedan paralizados tras coñecer que o solo non é apto para o uso que lle querían dar

O concello de Ordes ven de emitir un informe que pon fin á problemática coa que levaba loitando anos a Asociación de Afectados polo vertedoiro de Lesta.

Este informe demostra que o solo da zona non é apta para o uso que se lle pretendía dar. O voceiro da Asociación de Afectados polo vertedoiro de Lesta, Leandro del Río, di que dende a asociación entenden que a aprobación deste informe paraliza automaticamente a tramitación para facer o vertedoiro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Con esta nova a Asociación de Afectados polo vertedoiro de Lesta ve por fin a solución á problemática coa que levaban loitando dende o ano 2016.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -