Home Espazo Aberto Cultura O concello de Lugo organiza unha visita para coñecer como avanza a restauración do busto de Xoan Montes

O concello de Lugo organiza unha visita para coñecer como avanza a restauración do busto de Xoan Montes

0
O concello de Lugo organiza unha visita para coñecer como avanza a restauración do busto de Xoan Montes

O busto de Xoán Montes está a pasar por proceso de restauración e limpeza por parte dun equipo especializado, que, segundo indicou a restauradora encargada do proxecto, Uxía Aguiar, se está a encargar de eliminar a suciedade das pezas de mármore e granito que compoñen a obra, mantendo as marcas de envellecemento propias da peza. Nas vindeiras semanas, comezarán as escavacións arqueolóxicas precisas para a colocación da estrutura e posteriormente do busto. Unha vez a restauración remate e a estrutura esté colocada, procederase a montar de novo o busto na praza Maior.

O expediente para esta actuación iniciouse no pasado mandato, e foi impulsado no suplemento de crédito aprobado polo actual goberno no mes de setembro, cunha inversión de 18.000 euros. Xoán Montes foi un compositor, organista e director de música lucense, famoso especialmente por ser o autor da versión musical do poema “Negra Sombra” de Rosalía de Castro.