Home Programas Galicia O Concello de Carballo repartirá 32.000 máscaras cirúrxicas porta a porta

O Concello de Carballo repartirá 32.000 máscaras cirúrxicas porta a porta

0
O Concello de Carballo repartirá 32.000 máscaras cirúrxicas porta a porta

O Concello de Carballo iniciou esta semana o reparto de 32.000 máscaras cirúrxicas homologadas en todos os fogares para asegurar que  a veciñanza ten unha á súa disposición no caso de verse obrigada a acudir a un lugar no que non sexa posible respectar as distancias de seguridade sanitarias con outras persoas. O uso de máscaras está recomendado neses casos polo Ministerio de Sanidade.

Da distribución, que se fará porta a porta, encargarase persoal de Protección Civil e a Brigada de Obras, principalmente, co apoio de voluntariado doutros departamentos municipais. En cada vivenda entregarase unha bolsa de plástico con dúas máscaras.

Protección Civil tamén entregará a partir do luns a domicilio un total de 288 tarxetas do Concello de Carballo para compra de alimentos ás familias que teñen o servizo de comedor escolar subvencionado ao 100% para os seus fillos e fillas. As solicitudes recibidas polo departamento de Igualdade e Benestar corresponden a un total de 395 nenos e nenas.