O Concello de A Estrada cederá durante 5 anos 2 aulas no Novo Mercado a AGADEA para garantir o servizo de atención a persoas con Alzhéimer, que a asociación está prestando dende hai ano e medio, e que así os usuarios poidan optar a subvencións da Consellería.
Ademais o goberno está a preparar unhas actividades que darán comezo este mes para que un psicólogo asesore e oriente a familias con rapaces con déficit de atención.
Conversamos con Amalia Goldar, Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello da Estrada