O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reivindicou en Compostela a importancia do camiño inglés que chega a Santiago por vía marítima desde a cidade herculina. Fíxoo xunto ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega nunha visita á Catedral acompañados polo deán, Segundo Pérez, e polo director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo. Martiño Noriega salientou o traballo realizado desde A Coruña para potenciar esta ruta xacobea.
Unha ruta histórica
Xulio Ferreiro explicou que o Camiño Inglés é unha ruta histórica e que para a cidade da Coruña sería importante que os peregrinos poideran obter a “Compostela” aínda que non camiñen os 100 quilómetros esixidos.
O deán da Catedral, Segundo Pérez, afirmou estar de acordo coa petición dos alcaldes das dúas cidades logo de recibir un informe coa documentación esixidas polo Cabido, mais que a decisión non era súa.
A decisión de que haxa unha excepción para a cidade da Coruña na concesión da “Compostela” correspóndelle ao Cabido, que se reunirá o vindeiro día 21. O propio deán informou que hai outra petición similar, neste caso desde Muros.