Paso firme contra a especulación urbanística nos terreos da Solana. O Concello culminará este vindeiro luns o proceso para devolver á Solana a súa condición de solo público. Tras recibir, no día de onte, o visto e prace da comisión municipal de Rexeneración Urbana, o pleno municipal será o responsable de concluír o proceso para o cambio urbanístico da parcela. Quixemos conversar hoxe co edil de urbanismo da Coruña, Xiao Varela.
En 2013, o Concello da Coruña abriu a porta a unha posible privatización dos terreos. Así, a modificación introducida polo anterior goberno municipal do PP no Plan Xeral sobre a Solana facilitaría unha posible venta do complexo para paliar a débeda contraída pola contrución da Dársena do Porto Exterior. Un novo pelotazo urbanístico sobre uns terreos que, ata fai ben pouco, pertencían á veciñanza. Agora, o Concello da Coruña recuperará a condición de solo público para estes terreos e claro, tanto o Porto como a concesionaria do Hotel xa amosaron o seu respectivo cabreo.