O Concello convoca axudas de cooperación ao desenvolvemento en paises empobrecidos

O Concello destina 90.000 euros, que servirán para subvencionar proxectos concretos de ONG

O Concello de Santiago convoca por primeira vez un conxunto de axudas de cooperación que están dirixidas a realizar proxectos concretos en paises empobrecidos. A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa esta convocatoria, na que o Concello destina 90.000 euros, que servirán para subvencionar proxectos concretos de ONG ata un máximo do 95%.

- Publicidade -

Onde e cando presentar as solicitudes

Cómpre sinalar que as solicitudes para a nova convocatoria de axudas para o desenvolvemento poden presentarse ata o 27 de xullo en horario de 9:00 a 13:00 horas no Rexistro Xeral do Concello. Para poder concorrer, as entidades deberán estar ao corrente nas súas obrigas tributarias.

Un balance de “Compostela + solidaria”

Esta rolda de prensa, ademais de anunciar a nova convocatoria de axudas, serviu para achegar un balance da segunda edición de “Compostela + solidaria”. Alejandro Quiñoá, presidente da coordinadora galega de ONGDs, foi o encargado de facer un balance do que supuxo esta segunda edición.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego