Segundo varios medios de comunicación a Unión Internacional para a defensa dos Motociclistas denunciará varios incidentes causados, segundo eles, polos reductores de velocidade situados na rúa Clara Campoamor. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asegurou aos medios de comunicación no Pazo de Raxoi que non ten constancia de ningún incidente nin de denuncia algunha.
Xan Duro afirmou que este sistema está homologado e funciona tamén noutros puntos da cidade.
O edil informou tamén que o seu departamento limpará a marquesina de Xoán XXIII
.@xanduro indicou que aínda non teñen constancia de incidentes ou denuncias polos reductores de velocidade https://t.co/dpJ93vwJKR pic.twitter.com/yYd10x0af0
— Nós Televisión (@NosTelevision) 31 xaneiro 2017
O reductores de velocidade instalados polo concello na rúa Clara Campoamor teñen como característica principal que non ocupan toda a vía polo que facilitan o paso a vehículos de emerxencia e salvalos no caso de motos ou bicicletas.