O Concello continuará coas melloras na rede viaria

O concello investirá 300.000 euros en melloras nas rúas A Estrada, Picaños e Santas Mariñas

O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, anunciou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi que o seu departamento comezará a semana vindeira obras de mellora nalgunhas rúas da cidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O edil tamén informou que unha vez pasado o mal tempo comezarán novas obras de reparación de pavimentos, con cargo ao gran contrato de pavimento, nos barrios de Fontiñas e de Conxo, así como nalgunhas parroquias do municipio.

Previsión de temporal

Na mesma rolda de prensa informou que en previsión do temporal está previsto reforzar o operativo de seguridade así como a revisión de sumidoiros na cidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -